Fernández Davila, Fran

O bosque do duque ‘s-Hertogenbosch - 1ª ed. - Vigo : Galaxia , 2022 - 222 p. ; 21 cm

Sabine é unha rapaza galega dos Países Baixos que bota de menos Galicia, sobre todo as súas avoas. Todo comeza o día do seu décimo aniversario cando recibe un agasallo misterioso que lle abre as portas dunha grande aventura. Axudada polos seus amigos Wilko, Jeroen e Anja, Sabine loitará non só pola súa identidade, senón tamén pola vida, cun conxunto de fortalezas que non sabía que tiña dentro.

Fran Fernández Davila retorna cunha novela de aventuras e fantasía ambientada na cidade de ‘s-Hertogenbosch, que nace da maxia das experiencias vividas alí polo autor. Unha novela para todas as idades e influída por historias como Momo e Os Goonies, unha chiscadela ás infancias dos anos oitenta.

1º-2º ESO 3º-4º ESO

9788491518068


Identidade
Morriña
Aventuras
Amizade


Países Baixos--Novelas

82-3