Klune, T.J.

La casa en el mar más azul / T. J. Klune ; [tradución, Carlos Abreu Fetter] - 1ª ed - Barcelona : Crossbooks , 2022 - 496 p. ; 23 cm

Traballo, traballo e máis traballo. Linus Baker podería ser unha persoa calquera, nun lugar calquera, vivindo unha vida calquera. El estaba convencido disto, e se ti o coñeceses, tampouco dubidarías en asegurar que Linus pertencía ao montón, nin máis, nin menos. E así era, ata o día en que este funcionario do Departamento de Mozos Máxicos é chamado por Altísima Dirección para supervisar un orfanato do que apenas hai rexistros.

Con esta nova tarefa entre mans, Linus viaxará á illa de Marsyas, onde deberá supervisar a seis orfos catalogados como perigosos (falamos do futuro Anticristo, entre outros) e ao seu enigmático coidador. Aí, deberá deixar de lado os seus medos e prexuízos, que non son poucos, para darse conta de que o que realmente ten que facer non é aquilo polo que o enviaron. Porque en Marsyas, Linus descubrirá que o camiño á felicidade é distinto para cada un de nós, e, que se te atreves a percorrelo, chegarás ao lugar onde te atoparás a ti mesmo.


3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788408253891


Fantasía
Xuvenil
LGTBI
Diversidade
Relacións
Maxia

821.111.2-3"20"