Coidado co que publicas, pódeseche ir das mans! É a última semana do curso e todos os alumnos do Gerardo Diego prepáranse para o festival de fin de curso. No medio dos nervios polos ensaios e os exames, aparece unha foto en redes sociais. Unha foto cun poema asinado por Transparent Boy. E o que comeza como un xogo, acaba converténdose nunha imaxe viral con miles de gústame e dúas grandes preguntas: Quen é Transparent_Boy? E a quen lle escribe?